REDEGA – Rede Galega de Apoio Psicosocial, Inclusión e Orientación é unha asociación sen ánimo de lucro comprometida co benestar emocional, a inclusión social e a igualdade de oportunidades. Traballamos para acompañar ás persoas, familias e colectivos ao longo das diferentes etapas da vida, ofrecendo orientación, apoio psicosocial e accións de sensibilización adaptadas a cada realidade.
A nosa labor abrangue a prevención, a educación emocional, a inclusión social e o fomento do emprendemento e do autoemprego como ferramentas de autonomía persoal e integración sociolaboral. Colaboramos con centros educativos, institucións públicas, entidades sociais e empresas, desenvolvendo intervencións próximas, profesionais e accesibles, nas que as persoas están no centro e o acompañamento se constrúe desde a escoita, o respecto e o compromiso social.